Evento: Feminino plural. Cancións compostas por mulleres
Feminino plural. Cancións compostas por mulleres
Feminino plural son Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado). Este espectáculo xorde da necesidade de ambas artistas de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixeron, por iso, trazar un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.
Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor.
Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios.