Evento: A cabeza do dragón (21 de abril, 21:00 - Vigo)

21 de abril, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo

Producións Teatrais Excéntricas estrea en galego esta peza de Valle-Inclán

Elenco: Ana Sanmartín, Victor Mosqueira, Ivñan Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi, Quico Cadaval

Dirección: Quico Cadaval

A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.

Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Data e hora do evento

  • 3 de marzo, 20:30
  • Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • 4 de marzo, 20:30
  • Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • 5 de marzo, 20:30
  • Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • 24 de marzo, 21:00
  • Teatro Lauro Olmo
  • O Barco de Valdeorras
  • Ourense
  • 25 de marzo, 21:00
  • Auditorio Municipal de Cangas
  • Cangas
  • Pontevedra
  • 31 de marzo, 21:00
  • Pazo da Cultura de Carballo
  • Carballo
  • A Coruña
  • 1 de abril, 21:30
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros
  • Muros
  • A Coruña
  • 21 de abril, 21:00
  • Auditorio Municipal de Vigo
  • Vigo
  • Pontevedra
  • 22 de abril, 20:30
  • Auditorio Gabriel García Márquez
  • Oleiros
  • A Coruña
  • 6 de maio, 20:30
  • Teatro Coliseo Noela
  • Noia
  • A Coruña
  • 12 de maio, 21:30
  • Teatro Principal da Estrada
  • A Estrada
  • Pontevedra
  • 19 de maio, 21:30
  • Salón Teatro de Lalín
  • Lalín
  • Pontevedra

Máis eventos de tipo Espectáculo

24 de maio, 15:15
24 de maio, 20:30

maio 2017

L M M X V S D
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31