Evento: Castrapo
Cancelado
Castrapo
Castrapo
Espectáculo a cargo da compañía Os Naúfragos
Elenco: Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.
Dirección: Gustavo del Río
Sinopse: Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo da morte de seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren que Daniel con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces. Unha viaxe á súa orixe.
Castrapo fala do que fomos e xa non somos e do que somos e xa non seremos.