Evento: Presentación de Heart &Spine
Presentación de Heart &Spine
Frankie Chávez estableceuse como un dos músicos máis orixinais da nova escena musical portuguesa; referíronse a el como a nova revelación de blues do sur de Europa.
A súa música combina unha ampla gama de sons que resultan nun blues/roots/rock composto por ritmos limpos e outros máis crus e psicodélicos. Aínda que se poden identificar moitas influencias musicais diferentes (Robert Johnson, Jimi Hendrix, Kelly Joe Phelps, Ry Cooder) é case imposible definir a súa música cunha soa palabra. Frankie posúe un estilo único e distintivo.
En 2014 Frankie Chavez presenta en Portugal o seu proxecto Heart & Spine , un álbum versátil, onde o folk, o rock e o blues mestúranse entre eles coma se, dalgunha maneira, estivesen feitos para estar sempre xuntos. O álbum foi nomeado aos premios IMPALA na categoría de Mellor Álbum do 2014.
Como multi-instrumentista, Frankie Chavez xoga coa variedade, utilizando diversas guitarras, con diferentes afinacións, tambores personalizados e unha ampla serie de pedais de efectos. Cando sobrepón diferentes sons de guitarra cun loop station, crea unha sonoridad rica e agresiva, onde nada está fóra de lugar. A través do seu ton cálido e as súas letras sorprendentemente íntimas, crea unha proximidade profunda cos oíntes.
Ademais de abordar as técnicas típicas do blues como a guitarra slide, unha das características únicas de Frankie é o seu enfoque revolucionario coa guitarra portuguesa. Cunha posta a punto moi distintiva, Chavez mestura a tradicional "melodía triste" deste instrumento con riffs de blues, creando unha sonoridad completamente diferente. O resultado é gratamente sorprendente.
Concerto dentro da programación da Rede galega de música ao vivo da Agadic.
Máis eventos de tipo Concerto