Evento: Pequefilmes

Pequefilmes
sábado, 14 xaneiro, 2017 a domingo, 15 xaneiro, 2017
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Pequefilmes

Festival infantil de curtas

A Cidade de Cultura de Galicia organiza o festival infantil de curtas ‘Pequefilmes’, dirixido a rapaces de entre 5 e 12 anos. Un total de 40 curtametraxes proxectaranse durante estes dous días no Museo Centro Gaiás, no que tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cine de animación.

Procedentes de todas as partes do mundo, o cartel deste mini-festival conta con curtas recoñecidas nos máis prestixiosos festivais como a noruega ‘Me and my Moulton’, nominada aos Oscar 2015; ‘Juan y la Nube’, Goya á Mellor Curta Animada; ‘The empty’, Gran Premio en Hiroshima e Seúl; ‘Trial & Error’, Platinum Remi Award no World Fest de Houston; ou ‘Pawo’, Mellor Película Infantil en Brasilia Animation Festival 2015. Ademais, o festival contará con varias curtas realizadas e producidas en Galicia.

Curtas internacionais con múltiples recoñecementos

Tras o visionado das curtas, o público poderá, ademais, valorar o filme, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas que máis gustaron. Deste xeito, ‘Pequefilmes’ pode supoñer unha primeira experiencia como espectador de cine crítico e curioso, que xere afección de cara ao futuro.

As proxeccións do ‘Pequefilmes’ terán lugar de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas o sábado 14 de xaneiro e de 11:00 a 13:30 o domingo, 15 de xaneiro. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Xunto ás proxeccións, ‘Pequefilmes’ ofrece un total de catro obradoiros formativos cos que os cativos poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdida e práctica ao mesmo tempo.

Son os obradoiros de Stop Motion en Cartolina, o de Mesa de Luz, o de Stop Motion en Plastilina e outro de Sonorización. Os obradoiros terán lugar en varias horas ao longo da fin de semana para facilitar a participación de máis nenos, que deberán ir acompañados dun adulto.

Os obradoiros teñen unha entrada de 3€ cada un (4€ en billeteira), que xa están á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com (+gastos de Xestión) e nos puntos de venda físicos de Ataquilla. Os obradoiros contan con descontos e promocións especiais que poden consultarse en cidadedacultura.gal.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos