Evento: Pum Pum
Pum Pum
Espectáculo infantil a cargo de Baobab Teatro
Elenco: Andrea Bayer e Xosé Manuel Esperante
Dirección: Óscar Ferreira
Salma vive rodeada de portas, portas grandes, portas pequenas, portas suaves, portas lixeiras, portas pesadas, todas as portas que te poidas imaxinar.
Salma sempre pintou portas na súa imaxinación. Debuxaba portas de cores que cando as abría saía música. Un día os seus pensamentos fixéronse realidade.
Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Ligazóns