Evento: Móbil
Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén mostrar e compartir o seu último gran enxeño. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena. O interese polo ritmo, os malabares e o movemento, é a base e punto de partida deste traballo.
Un espectáculo de circo-teatro de obxectos íntimo e sen texto onde o actor-malabarista desenvolve a especialidade de pelotas de bote, viaxando a través dun personaxe algo excéntrico, moi juguetón e tenro que, interactuando coa escenografía viva e activa que o mesmo inventou e construíu, e que pon á súa disposición os elementos cos cales fai malabares, introdúcenos nun mundo onde imaxinación, xogo e precisión van da man.
Un mundo onde perderse segue sendo a mellor maneira de atoparse
Premio Feten a mellor dirección. .
Premio ACA a mellor espectáculo individual. .
Premio ACA a mellor escenografía. -
Nomeamentos nos III Premios de Teatro Andaluz: .
Nomeado a mellor espectáculo de circo. .
Nomeado a mellor escenografía.
Espectáculo da Rede galega de Teatros e Auditorios.