Evento: Valados
Elenco: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortáraz
Dirección: Xurxo Cortázar
Sinopse: Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertilas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza no veciño… Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dúas, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lánzase ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.
Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se representa.