Evento: Fitness
Fitness
Espectáculo teatral da compañía Ibuprofeno Teatro
Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán transladados a situacións fóra da dinámica cotiá.
Desde o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio, ofrécese un retrato crítico de certos clichés contruídos socialmente arredor do universo feminino, relacionados coa obsesión polo aspecto físico, o coidado do corpo e a saúde, detrás dos que hai emocións máis íntimas como a autoafirmación ou a soidade.
Ligazóns