Evento: Pop Art Icons
Pop Art Icons
Pop Art Icons achéganos ao universo dun dos movementos artísticos máis importantes da historia da Arte.
A Fundación Cum Laude presenta esta nova exposición acudindo á colección privada de MBA e en colaboración coa Deputación de Ourense. Nesta edición non se repiten as obras da realizada no 2013 "Pure Pop Art" con grande éxito, é unha mostra principalmente didáctica baseada, sobre todo, nos retratos.
Con máis de 100 obras de artistas como Andy Warhol, Antonio de Felipe, Roy Lichtenstein, Steve Kaufman, Robert Rauschenberg, Mel Ramos e Robert Indiana, a mostra ocupa todas as dependencias do Centro Cultural e está organizada por seccións.
Baixo o nome "Icons" están todos os iconos tanto os artistas retratados como os autores das obras. A sala interior recrea unha instalación que Andy Warhol fixo en 1966 na galería Leo Castelli de Nova Iork xunto con Billy Kluver, na que fixeron unha "Silver Room".
A exposición xira entorno aos iconos que foron referentes naquela época. Figuras como Marilyn Monroe, James Dean, Elvis Presley, Mao, Jimmy Carter mesturados con referentes musicais como Celine Dion ou David Bowie, así como co mundo do diñeiro e dos debuxos animados. Entre o material exposto figuran serigrafías, carteis offset, gravados e orixinais, acompañados de reflexións e frases dos retratados así como de recortables de Marilyn Monroe.
Máis eventos de tipo Exposición