Evento: Eroski Paraíso

Eroski Paraíso
venres, 9 decembro, 2016 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Eroski Paraíso

Espectáculo de teatro a cargo do Grupo Chévere

Eroski Paraíso é a historia dunha parella que se coñece a finais dos 80 na sala de festas Paraíso de Muros. Logo o Paraíso pechou, eles casaron e formaron unha familia. Agora os dous traballan nun supermercado dunha gran cadea de alimentación que abriron xusto no mesmo local que ocupara a discoteca. A historia que separa aquela sala de festas deste supermercado cóntase desde a ollada do seu fillo/a que, mirando aos seus pais a través do obxectivo dunha cámara, trata de reconstruír a vida que nunca chegaron a ter.

Eroski Paraíso é unha historia sobre os cambios nas formas de vida e nos usos das nosas vilas. De como os espazos de lecer se transformaron en espazos de consumo. De como as salas de festa situadas fóra de moitas vilas acabaron convertidas en centros comerciais. De como pasamos de bailar e mocear a mercar e consumir no mesmo espazo. De como permanecimos como simples observadores mentres a vida pasábanos por diante a toda presa. De como permanecimos parados no mesmo sitio mentres todo se transformaba ao noso arredor

Espéctaculo do Grupo Chévere. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra