Evento: Regueifas de Ciencia
Regueifas de Ciencia
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade. Nesta sesión de peche o debate será sobre ciencia e fe.
Debate de Regueifas de Ciencia 2017: Seguridade e Privacidade Dixital
Máis información, aquí.
Cada debate vira ao redor dunha pregunta definida que aborde unha cuestión de interese social cun importante compoñente científico. O debate ten intervencións medidas e pautadas que permitan a exposición de ideas dunha maneira ordenada e clara, fuxindo de discusións, insultos e ataques persoais. Exposicións iniciais, quenda de preguntas concretas, preguntas do público e exposicións finais, todo precedido e rematado coa votación do público asistente para comprobar de que maneira cambia a opinión da xente en función do escoitado no debate.
Os debates son retransmitidos por streaming e tamén se publican no web para a súa visualización "á carta".
Neste link pódese visualizar o vídeo do primeiro debate: http://www.regueifas.org/vdeos-1/
Tamén se pode seguir toda a información e mesmo empezar a debater en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).
Entrada libre ata completar capacidade.