Evento: María Toro Cuarteto

  • María Toro
María Toro Cuarteto
mércores, 6 agosto, 2014 - 22:00
Jazz Filloa,
A Coruña

María Toro Cuarteto

A frautista galega presenta o seu último traballo 'A Contraluz'

A frautista coruñesa leva por todo o mundo a súas composicións de jazz e flamenco, cun alto recoñecemento internacional.

María Toro nace en 1979 na Coruña e desde os oito anos non se separa da súa frauta. Tras obter o título superior e facer incursións na música tradicional galega e portuguesa, comeza a interesarse polo jazz e outras músicas populares, o que lle leva a trasladarse a Madrid en 2005 para combinar o seu traballo cos estudos na Escola de Música Creativa. Neses anos, Toro recibe diversos premios e bolsas en prestixiosos cursos en España e Europa, con profesores como Jorge Rossy, Michael Kanan, Peter Bernstein e Benny Golson, entre outros. Simultaneamente aos seus estudos e concertos, en 2006 lánzase ao flamenco, chegando a actuar en salas e teatros de todo o mundo, cun enorme éxito.

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35