Evento: Zona en obras

venres, 18 xaneiro, 2019 - 18:30
Casa da cultura Pintor Lloréns
, Sada
Espectáculo de música e monicreques da compañía A Tropa de Trapo

Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.

Malo será que entre tod@s non acabemos estas historias cheas de música e ritmo. Osos tristes, extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, cans de palleiro que se converten en superstars...

 

A nova tolería de Brais das Hortas. Narración, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Perplexo
29 de xuño, 20:00
Teatro Coliseo Noela
Radio Bulebule
12 de agosto, 20:30
Parque Ansuiña
Loló e mamá
20 de setembro, 22:30
Auditorio Edificio Multiusos