Evento: Tita
Tita
Espectáculo de monicreques da compañía Babaluva
TITA é unha montaxe de teatro de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia. TITA amósanos a dificultade de xestionar as nosas emocións co obxectivo de enfrontalas cara a cara para gozar de harmonía emocional. SINOPSE: TITA é unha nena de oito anos moi espelida que ten que enfrontarse a distintas emocións na súa vida cotiá. Na convivencia coa súa querida nai, na escola co seu novo amigo Lucas, TITA vive momentos de gran ledicia pero tamén de fonda tristura, intres de medos aterradores e fortes enfados.
Ligazóns