Evento: Unhas poucas picadelas
Unhas poucas picadelas
Ficha artística:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado
e Pepa Barreiro
Sinopse: Unhas poucas picadelas afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres. Non hai unha historia concreta, convidándonos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas.
Este espectáculo teatral forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.