Evento: O tolleito de Inishmaan

venres, 27 xaneiro, 2017 - 21:00
Casa de Cultura do Milladoiro
, Ames

O tolleito de Inishmaan

Peza teatral con humor e moita tenrura, dirixida por Cándido Pazó

Santi Romay

Susana Dans

Ana Santos

Evaristo Calvo

Melania Cruz

Marcos Pereiro

Toni Salgado

Ricardo de Barreiro

 

Sinopse: Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxescuriosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos 

 que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el  semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar;  un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. 

 

Un espectáculo da compañía Contraproducións gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a  tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

 

Obra teatral que forma parte da Rede galega de teatros e auditorios.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Manawee ou a dobre naturaleza feminina Ilustración para conto de Clarissa Pinkola
Manawee
21 de novembro, 12:00
Teatro Principal da Estrada
Helena, xuízo a unha lurpia
23 de novembro, 20:15
Edificio Multiúsos
Calypso
24 de novembro, 20:30
Teatro Principal de Pontevedra
Helena, xuízo a unha lurpia
24 de novembro, 21:00
Auditorio Municipal