Evento: María Fumaça
María Fumaça
María Fumaça
Presentación de Aire, o novo proxecto musical infantil con Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco e Santiago Cribeiro
María Fumaça presenta novo traballo, Aire, un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.
Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.
O corazón do participantes baterá a ritmo de muiñeira, rumba, samba, rock e forró.
Ligazóns