Evento: Don Quixote, unha comedia gastronómica

Don Quixote, unha comedia gastronómica
domingo, 30 abril, 2017 - 12:00
Sala Azul do Auditorio Municipal,
Ourense

Don Quixote, unha comedia gastronómica

Xogo teatral, gastronómico e familiar de Limiar Teatro

Ficha artística:
Autoría: Miguel de Cervantes
Dirección: Nuria Gullón
Mestre cociñeiro: José Manuel Hernández
Dramaturxia: Sergio Macías
Escenografía: Pablo Iriarte e Fran Núñez
ESP: José Manuel Núñez
Iluminación: Fran Núñez
Produción: Cris Alonso e Candy Álvarez
Elenco: Fran Núñez

Sinopse: Alonso, cociñeiro, preparará unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia", o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante! Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e loucura de Don Quixote se encarnarán no corpo de Alonso dando lugar a unha proposta áxil, saborosa e nutritiva. Alguén quedará sen probar os garavanzos? 

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de abril, 20:00
Aula Municipal de Cultura de Betanzos - Betanzos - A Coruña
Falar por falar
25 de abril, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Made in Galiza
25 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cacho animalada
26 de abril, 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña