Evento: Get Back
Get Back
Texto de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira.
Elenco: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Miguel Guido, Tamara Canosa e Federico Pérez
Sinopse: Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atorado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco.
Espéctaculo teatral que forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.