Evento: Menú da noite

Menú da noite
venres, 9 febreiro, 2018 - 20:45
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo,
Arteixo
O novo espectáculo de Carlos Blanco

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmoquin para sachar como é debido.
E ata cociñan caldo en directo.
Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway.
Cos sachos, claro.
E bailan (?) claqué e todo.
Animación incluída.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.

Con música de Budiño e Kepa Kunquera.
Risas aseguradas (e debuxadas).

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
1888. A señorita Xulia
19 de abril, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña