Evento: O galego campa!

O galego campa!
venres, 26 xullo, 2019 - 22:30
Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas,
Ourense

O galego campa!

Actividade de dinamización lingüística nos campamentos de verán da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colaboran  coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver en 22 dos campamentos incluídos na Acción de verán 2019 da Xunta de Galicia dinámicas dirixidas a fomentar o uso do galego por parte dos rapaces e rapazas asistentes, formar o monitorado e fornecelo de recursos para traballar na lingua propia de Galicia.

Este ano, O galego campa! desenvólvese no marco da campaña Nós contra a violencia, que se engloba no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, polo que combinará a dinamización lingüística coa sensibilización fronte a esta lacra.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense