Evento: Fábula galénica

Fábula galénica
xoves, 30 agosto, 2018 - 19:00
Exterior da piscina municipal,
Oroso

Fábula galénica

Espectáculo de monicreques de luva da compañía Fantoches Baj

Fábula galénica (Baía Edicións/Xunta de Galicia, 2011) que foi o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil homenaxea co título as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica.

Fábula Galénica é un xogo coa literatura da transmisión oral no que salientan as súas doses de humor, diversión e a mensaxe ecoloxista (Carmen Ferreira en El Correo Gallego)

A proposta de representación deste texto está baseada na capacidade máxica e fascinadora dos títeres de luva e en realzar o papel protagonista dos animais da fábula (burro, raposa e lobo).

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona