Evento: A cara oculta dos versos
A cara oculta dos versos
martes, 3 maio, 2016 a mércores, 18 maio, 2016
Biblioteca Pública Municipal Central de Ferrol,
Ferrol A cara oculta dos versos
Exposición de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra e Lupe Gómez, entre outros
A cara oculta dos versos é un proxecto expositivo, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas.
Obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.
Coincidindo co Día da Poesía, a artista inaugura a exposición o día 21 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, o primeiro punto dunha itinerancia que levará a exposición por bibliotecas das catro provincias.
Ligazóns