Evento: Concerto de Antón Valcarce

  • Antón Valcarce
Concerto de Antón Valcarce
xoves, 24 marzo, 2016 - 23:45
Clavicémbalo,
Lugo

Concerto de Antón Valcarce

Actuación do cantautor monfortino coa súa canción galega de autor

O único cantante galego que gañou tanto o Centolo de Ouro como o de Prata no prestixioso certame de folk do Grove alá polos anos 70, onde competiu con Xocaloma e Suso Vaamonde. Coñeceu a Picasso, tocou no metro de París e participou como guitarrista en varias gravacións de Georges Moustaki. Foi considerado nese momento como un dos máis brillantes cantautores galegos. Recoñece ser o autor da nova canción galega máis descoñecido.
A súa música é de contido social, reivindicativa con Galicia, as súas cancións reflicten o orgullo de ser galego e están aderezadas con certas doses de anticlericalismo. 

Máis eventos de tipo Concerto

Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Concerto
20 de xullo
Carballeira de Parga
Maxicamente
20 de xullo
Praza Maior