Evento: Carapuchiña Vermella

  • Cartel do espectáculo
Carapuchiña Vermella
martes, 23 agosto, 2016 - 19:00
Auditorio Municipal Carmen Estévez Eguiagaray,
Vilalba

Carapuchiña Vermella

Representación do clásico dos irmáns Grimm a cargo de EducaTeatro Producións

Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.
Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana