Evento: Ulises e a nena durmida
Ulises e a nena durmida
Ulises e a nena durmida
Espectáculo de danza a cargo de Ánxela Blanco
Sinopse: Telémaco era dunha materia tan branda que non explotou ao recibir o impacto. A nena durmida volteou o mapa sorrindo, ao tempo que exclamaba: se o universo non ten arriba nen abaixo, porqué aquilo é Norte e isto Sur? Penélope tece e destécese endurecendo a súa sensibilidade... resistindo.. pendurada dos fíos... Sacrifican un año cos cornos dourados para a deusa Atenea. Regresou Ulises, espertade a nena.
Espectáculo de danza dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Ligazóns