Evento: Balor na acción dunha cadeira
Balor na acción dunha cadeira
Balor na acción dunha cadeira
Representación do documental escénico a cargo de ArtesaCía
Sinopse: Quen seriamos nós se fosemos quen de recuperar as imaxes que os nosos antergos percibiron e retiveron breves segundos, sen que a memoria conseguira rexistralas?
Cal é a orixe da nosa dinastía interior e profunda?
Balor na acción dunha cadeira é o proceso multidisciplinar de reconstrucción do pensamento de 'O Pernas', un emigrante real que marchou de Sada a Nova York en 1910, perseguindo o cometa Halley e rematou perdido na escuridade da historia durante case 90 anos.
Este evento forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Cofirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Ligazóns