Evento: Baladas da Galiza imaxinaria

Baladas da Galiza imaxinaria
venres, 13 maio, 2016 - 21:00
Auditorio Municipal de Vigo,
Vigo

Baladas da Galiza imaxinaria

Concerto cun repertorio intimista de Uxía Senlle e Narf

Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, non que nos convidan a coñocer as "Baladas da Galiza Imaxinaria".É precisamente esta Galiza Imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos , a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe.

Portan na súa maleta experiencias de intercambio con artistas do mundo lusófono e do da diáspora. Todas e cada unha das cancions teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, con encontros e complicidades.

Un proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra