Evento: Frankestein
Frankestein
Frankestein
Espectáculo infantil a cargo de Teatro dos Ghazafelhos
Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran.
A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nun castelo onde nada é o que parece.
Espectáculo infantil de Teatro dos Ghazafelhos para a Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.