Evento: Las Leandras
Las Leandras
Las Leandras
Revista de Francisco Alonso interpretada por Ferro Teatro
Un espectáculo cun libreto mediante o que se presenta unha comedia de enredo con situacións de malentendidos e diálogos de doble intención en clave de humor.
Diante do inesperado anuncio da visita do seu tío Don Francisco, Concha vése no dilema de tentar ocultarlle a súa verdadeira profesión, vedette de revista. Coa axuda do seu noivo, Leandro, escenifican, no que no seu día foi un burdel, un colexio de señoritas ao que lle chaman Las Leandras, no que os profesores e alumnas son os membros da compañía á que pertence Concha.
O lío comeza cando Francisco, un home de provincias, descoñecendo o peche do prostíbulo, se presenta no lugar co seu sobriño Casildo agardando os servizos das meretrices...
Ligazóns