Evento: Reperkusion 2015
Reperkusion 2015
O Festival Reperkusión celebrará a súa 13ª edición na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11 e 12 de setembro. Reperkusión 2015 pechará a tempada de festivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e procedencias. Pasarán polo escenario principal do festival os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoamericanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolektiv, os galegos Dakidarría e Chotokoeu e os españois Trashtucada, TranceUntes e La trocamba Matanusca.
Como nas edicións anteriores, Reperkusión 2015 será moito máis que unha suma de concertos, xa que terá programación de día e de noite con numerosas actividades abertas ao público: humor, exposicións, teatro de rúa, pasarrúas, djs, obradoiros, mercadiño e o XIII encontro de malabares e artes do circo. Haberá tamén, unha nova edición da Empolada e varias sorpresas e novos espazos que se desvelarán ao longo das próximas semanas.
Máis eventos de tipo Festival