Evento: Luppo

sábado, 12 xaneiro, 2019 - 18:00
Auditorio municipal
, Cedeira
Espectáculo de teatro infantil a cargo de Baobab Teatro

Sinopse: Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono… Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está.

Luppo é un espectáculo pensado para pequenos, a partir de 4 anos e para adultos. É un proxecto impecable, tanto na súa estética, o seu guión, como na súa posta en escena que non deixa indiferente.

Premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León, que se celebra en Cidade Rodrigo.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Verbena galega
22 de xuño, 21:30
Parroquia do Val
Perplexo
29 de xuño, 20:00
Teatro Coliseo Noela
Radio Bulebule
12 de agosto, 20:30
Parque Ansuiña