Evento: Rosa Caramelo e outras historias

domingo, 14 outubro, 2018 - 18:00
Auditorio Municipal de Vigo
, Vigo

Rosa Caramelo e outras historias

Espectáculo familiar da compañía Talía Teatro para desmontar estereotipos de xénero

Autora: Adela Turín

Directora: Paula Carballeira

Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

Nesta montaxe composta de catro historias mestúrase a palabra e a música en directo. O espectáculo trata de crear unha atmosfera axeitada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto singular
19 de outubro, 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro
Dúas donas que bailan
19 de outubro, 20:30
Pazo da Cultura de Narón
A leituga
19 de outubro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira
19 de outubro, 21:00
Casa da Cultura de Bertamiráns