Evento: Rogelio III. La fête

Rogelio III. La fête
venres, 14 agosto, 2026 - 11:00
Carballeira de Ribadumia,
Ribadumia

Rogelio III. La fête

Espectáculo familiar de novo circo de AsSircópatas

Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares, música e sobre todo moito humor.

Rogelio III. La fête é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Espectáculo finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | O Fiadeiro
12 de setembro
Praza de Bugallal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
20 de setembro
Praza do Concello
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro
Paseo marítimo de Moaña