Evento: O arquivo fotográfico. Estudo e accións preservadoras (20 de xullo, 09:00 - Ribadavia)

Xornada/Congreso

O arquivo fotográfico. Estudo e accións preservadoras

De
20 de xullo a 23 de xullo
Museo Etnolóxico

Análise da problemática da conservación da fotografía

  • Curso sobre conservación de fotografía Curso sobre conservación de fotografía

Este curso é unha achega máis dende o Museo Etnolóxico á problemática dos arquivos fotográficos, parte fundamental do patrimonio visual, partindo dun dos conxuntos máis importantes da Colección do Museo: o arquivo fotográfico Augusto Pacheco.

Está dirixido a profesionais do patrimonio histórico, arquiveiros, bibliotecarios, técnicos de museos, documentalistas, historiadores da arte, restauradores e responsables da preservación e custodia de coleccións de orixinais fotográficos e históricos.

O curso estará coordinado pola restauradora do Museo María José Ruiz Vázquez, e para impartilo cóntase cos profesionais Luis Pavão e Sónia Casquiço, conservadores-restauradores de material fotográfico, e o curso será impartido en portugués.

A matrícula é gratuíta, pero é necesario resaltar que, debido ao carácter práctico do curso, a asistencia estará restrinxida a 20 persoas. Farase unha selección baseada na adecuación do solicitante, a súa formación previa e polo contido e necesidades do seu traballo. As solicitudes remitiranse ao Museo Etnolóxico  xunto co currículo antes do 13 de xullo de 2015.

O programa é o seguinte:

Horario: Mañá: de 9 a 14 h  tarde: de 16 a 19 h

Día 20 de xullo:

As coleccións de fotografía, formas de produción, produtores e coleccionistas. Identificación dos procesos fotográficos e as súas formas de deterioración. O Inventario como ferramenta decisiva para a elaboración dun plan de preservación.

Prácticas de identificación dos procesos fotográficos e formas de deterioración. Exercicios de inventario.

Día 21 de xullo:

Nocións xerais de preservación e conservación de fotografía. Xestión dos espazos de depósito: o control ambiental. A descrición nas coleccións de fotografía. A importancia da normalización, campos de descrición, problemáticas habituais e especificidades.

Exercicios de análise dos rexistros termo-higrométricos. Exercicios de descrición de exemplares da Colección Pacheco.

Día 22 de xullo:

Conservación e restauración dos negativos en vidro e película, problemas de estabilidade dos soportes plásticos. Embalaxes para negativos.

Prácticas de limpeza e consolidación dos negativos en vidro, identificación dos soportes plásticos. Construción de embalaxes en papel e plástico para negativos, organización do arquivo para conxelación.

Día 23 de xullo

Conservación e restauración das copias en papel, problemas dos soportes. Embalaxes. A dixitalización das coleccións de fotografía.

Prácticas de limpeza dos soportes en papel, consolidación. Exercicios de construción de embalaxes.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

1 de xuño, 20:00
4 de xuño, 18:30
De
31 de maio a 4 de xuño

maio 2017

L M M X V S D
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31