Evento: Contos con mar de fondo

Contos con mar de fondo
domingo, 13 xullo, 2025 - 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme,
Barreiros

Contos con mar de fondo

Espectáculo de teatro a cargo de Caxoto

Aínda que nunca se afastou da costa máis dunha milla mar adentro Caxoto é un home de mar, cando menos filoxeneticamente. Bisneto, neto e fillo de armadores e mariñeiros, o mar corre polas súas veas e a súa memoria dende o mesmo momento de nacer.

Ao longo da súa traxectoria como narrador oral Caxoto foi atesourando un rico repertorio mariñeiro de contos, lendas, anécdotas e feitos históricos que agora decidiu enfiar neste espectáculo de narración oral. Un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento zoando.

Contos da emigración, contos mariñeiros, historias de conquistas, cantigas de ribeira, a galerna do 61… sesenta minutos de viaxes transoceánicas baixo o pulso intenso, emocional e retranqueiro que caracteriza o seu contar.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Canta, Buguina, Canta!
16 de xuño, 10:15
Escola Infantil - Ribadumia - Pontevedra
A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
Donas do lugar
17 de xuño, 18:00
Casa da cultura - Ribadumia - Pontevedra
Picadiscos María Faltri
18 de xuño, 12:00
Praza San Miguel de Reinante - Barreiros - Lugo