Evento: O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa
venres, 28 marzo, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

Espectáculo/obradoiro para celebrar o 17 aniversario da biblioteca

Celebramos o 17 aniversario da biblioteca co espectáculo e obradoiro O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera. E unha historia de amor- romántica- dun cociñeiro chamado Antón e unha pasteleira chamada Tomasa. Un día de moita produción o forno de Antón estoupou, pois estaba feito de latón, ea pasteleira Tomasa invitouno a asar mazás no seu forno que é de aluminio ben gordo. Cando Antón probou as mazás asadas cubertas con tanto caramelo da emoción deulle un mareo, berrou, saltou e ao cabo dun pouco... POM! O Cociñeiro Antón esnafrou, e caeu escarranchado, retorto e petrificado. Quedou triste Tomasa e pechou as portas da casa, a Fonte do susto secou a desgusto, a Maceira ao contarllo tirou coas mazás do espanto, o Paxariño foi buscar un lugar máis tranquilo onde facer o seu niño e o Ceo de tanta dor mudou a súa cor. Cando por fin escampou... O pobre Antón acordou! E colorin colorado, estes dous namorados... Bicaron...bicaron... e bicaron.

Despois do conto, realizaremos un obradoiro de cociña de chocolate co público asistente.

No salón de actos. Para 25 nenas e nenos de 3 a 10 anos. Cada unha delas pode vir acompañada dunha persoa adulta. As persoas interesadas deben recoller o convite no mostrador de Información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34