Evento: Cores, contos e rock coa Ramona Pequena

Cores, contos e rock coa Ramona Pequena
xoves, 30 xaneiro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Cores, contos e rock coa Ramona Pequena

Espectáculo da man de Pakolas

Celebramos o Día da Ilustración con Cores, contos e rock coa Ramona Pequena que chega da man de Pakolas como un espectáculo onde a interacción co público infantil e familiar, a súa música rockeira, os contos e as cores e debuxos de Laura Romero en directo son o principal atractivo. Está baseado no último libro-cd de Pakolas A Ramona pequena vai á lúa (Galaxia 2023), ilustrado por Laura.

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
14 de marzo
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
Biblioteatro 4 a 6 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteatro 7 a 10 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola