Evento: Enredos, abraios e vocábulos do país
Enredos, abraios e vocábulos do país
Unha fonda acción máxica e cómica, de ilusionismo, sostida na nosa fermosa e culta lingua.
Un percorrido de transmisión da xenuína riqueza: de onde vimos e cara onde imos como sociedade.
Un movemento de maxia, humor e participación do público que xuntamente, serán testemuñas e colaborador@s do fío condutor desta malleira de información:
a pescuda, a xeito de espectáculo, da identidade desta nosa cultura, apañando no esquecido para non esquecer.
Palabras con pouco uso ou consumidas ao pouco polo xeito de vida, son a cerna desta obra de maxia:
Orxos, estadullos, pousafoles, lilainas, mureiras e un fato de palabras máis, estarán moi presentes nesta xuntanza de amizade.
En resumo, unha achega, unha predicación para lembrarmos que, o non nomeado, non existe e esmorece.
Palabras en desuso, oficios etc. non poden pasar aos museos do esquecemento.