Evento: Taller de Ilustración

Taller de Ilustración
sábado, 11 maio, 2024 - 10:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Taller de Ilustración

con Xosé Poldras

"Para aprender a debuxar o necesario é aprender a mirar. Un bo debuxo é a consecuencia dunha boa observación. A habilidade manual aporta elegancia, brutalidade, delicadeza, tensión, etcétera, valores importantes, os cales non fan o debuxo mellor, fano máis rico. Para aprender a mirar é preciso un nivel de consciencia mínimo, canto maior é ese nivel mellores resultados. A necesidade e tipo de atención precisas para abordar a práctica do debuxo é a mesma á que se chega nunha sesión de meditación ou mindfullness, unha práctica coas súas dificultades, debido á nosa condición animal de estar alerta, e ao ritmo de vida frenético que nos obriga a ter sempre varias frontes abertas. Sumado ao gusto pola comunicación inmediata, lograda por un simple toque co dedo sobre o cristal da pantalla, o cal provoca cambios de estímulos constantemente e desacostúmanos a atender durante un mínimo de tempo. A calidade da atención que require a práctica do debuxo, aporta pracer e serenidade. "

Para maiores de 14 anos, a duración aproximada deste obradoiro é de 4 h.

Para anotarse hai que chamar os números de teléfono 988 788385 / 386.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Actividades de verán Museo Massó
Obradoiros infantís
10 de xullo a 26 de xullo
Museo Massó
campamento_castrexo
Campamento castrexo
14 de xullo a 24 de xullo
Museo do Castro de Viladonga