Evento: La mirada en suspenso
La mirada en suspenso
Enfrontarse a nosa mirada a través dun espello negro.Nunha imaxe especular, deslízase un instante no que xurdimos da negrura que nos revela quen somos, iluminados pola ingravidez da luz dunhas velas. O noso rostro materialízase fantasmagórico como unha imaxe latente da consciencia, unha identidade que se atopa ao límite entre a aparición e a desaparición. Disolvémonos entre a luz e a escuridade e, nese espazo xusto e delimitado entre o referente e o seu reflexo, xorde unha mirada que nos confronta coa nosa orfandade, coa pérdida inefable da imaxe mental que construimos a cerca da nosa identidade e das reglas da realidade na que nos manexamos no cotiá.Dislocámonos no brillo especular dunha chama. O tempo deténse no espazo dun parpadeo, e o silencio déixase levar por un abismo que nos devolve a mirada sen miramentos nin consideracións; empúxanos, sácanos cun golpe de revelación do centro do mundo que invadimos e que sabemos que xa non nos pertence, nin que nunca o fixo.As fotografías introdúcense neste xogo de espellos nun instante feito presenza. Seleccionan un momento imperceptible como si fora un sempre e secuestran a mirada que queda suspendida nun tempo cero. As fotografías xogan co espazo e, a veces, móstrannos a confrontación absoluta a través dun velo que nos protexe do que nos abruma e do que nos tenta ao mesmo tempo e, outras, colócannos nun lugar fora de ángulo e introducen analoxías simbólicas a través de obxectos que quizais estamos contemplando ou quizais non; desvélanos o subterráneo das nosas raíces, o inconsciente descarnado nun peixe liberado da pel que nos protexe, o nacemento e a repetición, a dualidade, o que nos defende e agrede ao mesmo tempo, a vanidade, a inmortalidade, os monstruos das nosas profundidades, a idea cósmica da eternidade e o noso propio tempo de vida e morte.Mirarnos nun tempo suspendido ao borde da disolución é un acto consicente para levantar o velo da nosa consciencia e, como di, Novalis, facernos inmortais.
Máis eventos de tipo Exposición