Evento: Vendima tarda
Vendima tarda
Presentación do seu novo traballo discográfico “Vendima tarda”
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.
Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.