Evento: Pitusa Semifusa

xoves, 11 outubro, 2018 - 17:30
Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar
, Sarria

Pitusa Semifusa

Espectáculo de teatro e musical infantil para achegar á xente nova aos instrumentos

Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra, caracterizada de Pitusa Semifusa; Olga Brañas, caracterizada da súa avoa directora de orquestra; e Sérgio Tannus como o seu irmán Xabier, irán explicándolles á xente nova aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un.

Todo a través nun espectáculo participativo e teatral para cos pequechos e con algunha coreografía sinxela para pasalo en grande. 

Este espectáculo forma parte da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Jandro
22 de febreiro
Sede Afundación de Pontevedra
ChiquiJamming
23 de febreiro
Auditorio Municipal de Vigo
Terrícolas igualiños igualiñas
23 de febreiro
Edificio Multiúsos
Jandro
23 de febreiro
Teatro Afundación Vigo