Evento: Os camiños de Elías Valiña

Os camiños de Elías Valiña
xoves, 20 xullo, 2023 a martes, 15 agosto, 2023
Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro,
Pedrafita do Cebreiro

Os camiños de Elías Valiña

30 anos da declaración do camiño de Santiago como patrimonio da humanidade.

Na promoción do Camiño de Santiago realizada coa programación do Xacobeo 21-22, en concreto co proxecto “O Teu Xacobeo”, integrou un documental sobre Elías Valiña, cura do Cebreiro nas décadas de 1970 e 1980, como un dos pioneiros do século XX na recuperación e valorización do Camiño e da peregrinación xacobea. Afondando neste proxecto, a exposición itinerante “Os camiños de Elías Valiña”, proposta para viaxar por diversas localidades de Galicia, dalle continuidade a este documental, reforzando cunha montaxe multimedia e itinerante ideas recollidas no Plan Director do Camiño de Santiago 2022-27 relativas á promoción xacobea.
A exposición ten un carácter didáctico, multimedia, innovador e valorizador do traballo recuperador de Elias Valiña, empregando fotografías orixinais do cura do Cebreiro, e polo tanto históricas, xunto con outras que amosan a actualidade do Camiño, recuperado e posto ao servizo da peregrinación. Entre os principais obxectivos da mostra, hai que resaltar a valorización do labor dun pioneiro, como foi Elías Valiña, e o traballo de estudo, recuperación e revalorización do Camiño por parte da Xunta de Galicia ao longo da década de 1990 e xa no século XXI.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia