Evento: Luz na terra. El Seminario de Estudos Galegos: una institución de alta cultura

Luz na terra. El Seminario de Estudos Galegos: una institución de alta cultura
martes, 27 xuño, 2023 a domingo, 7 xaneiro, 2024
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Luz na terra. El Seminario de Estudos Galegos: una institución de alta cultura

A mostra *Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura* está concibida como celebración do centenario da fundación do Seminario, pero tamén como unha posta en valor dunha obra ...

A mostra Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura está concibida como celebración do centenario da fundación do Seminario, pero tamén como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior da mesma conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.
Está comisariada por Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano da Facultade de Xeografía e Historia e reitor entre 1990 e 1994. Foi membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea, é membro numerario da Real Academia Galega desde 2006 e presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n