Evento: A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023
A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023
A BOTICA DO CASTRO DE VILADONGA 2023
Actividades de primavera no Museo do Castro de Viladonga
A actividade consistirá nun roteiro de identificación de plantas na contorna do museo e castro de Viladonga, pautas para extraer as propiedades das plantas e a elaboración dun ungüento.
O obradoiro estará dirixido por Lola Tourón.
Día: sábado 3 de xuño
Hora: de 10.00 a 14.00 h
Prazas: 15
Inscrición: Chamando ao teléfono 982 870 160. Por rigorosa orde de chamada. En caso de exceso de matrícula terán preferencia aquelas persoas que non o fixeran en edicións anteriores.