Evento: 48
48
48
Proxección do arquivo portugués de Susana de Sousa Dias.
48 radiografía os corenta e oito anos de dictadura de António de Oliveira de Salazar, a dictadura europea mais lonxeva do Século XX, a través do relato de algunhas das súas vítimas e as fotografías das súas fichas policiais. Mulleres e homes, mozos e non tan mozos, campesiños, obreiros ou burgueses… un retrato polifónico da oposición ao ditador que á súa vez describe, con absoluta precisión e humanidade, as técnicas represivas. O valor testemuñal da imaxe fotográfica e a capacidade liberadora do relato memorístico en perfecta harmonía.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual