Evento: Flores de ferro
Flores de ferro
Flores de ferro
Espectáculo de teatro.
O guión teatral, baseado na novela de María Rei Vilas Flores de ferro, móstranos en primeira persoa as vivencias dunha moza (Camila) que a finais dos anos oitenta vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar á súa aldea materna. Unha vez alí, as circunstancias levarana a coñecer de primeira man a verdadeira historia da súa familia e, por tanto, a súa. Unha historia descoñecida ata ese intre para ela pero da que xa non poderá escapar.
Ligazóns