Evento: José Guitián. Fotógrafo en Compostela, 1950-1980

  • Cartel da exposición
  • Fotografía que forma parte da exposición
José Guitián. Fotógrafo en Compostela, 1950-1980
venres, 27 marzo, 2015 a domingo, 30 agosto, 2015
Museo das Peregrinacións e de Santiago
, Santiago de Compostela

José Guitián. Fotógrafo en Compostela, 1950-1980

Mostra sobre a obra dun dos fotógrafos máis senlleiros da cidade de Santiago de Compostela

Guitián é un dos composteláns que máis e mellor sentiu a vida compostelá. Viuna pasar cada día ante o obxectivo da súa cámara durante máis de catro décadas, desde finais dos anos corenta ata a súa xubilación en 1989.

Formado con fotógrafos locais da talla de Ksado e Almeida, a primeiros dos anos cincuenta comeza a traballar de xeito autónomo montando o estudio Foto Guitián, que lograría gran sona. Especializado no retrato e a fotografía científica, dedica tamén tempo a deixar en imaxes a cidade mesma -aí está a súa famosa serie de nocturnos-, as súas xentes e os seus costumes. Pola súa cámara pasa, xa que logo, a evolución urbana e humana compostelá da segunda metade do século XX.

A exposición José Guitián. Fotógrafo en Compostela 1950-1980, responde polo tanto, a estas premisas. O Museo das Peregrinacións e de Santiago realiza con ela un acto de xustiza coa obra de Guitián, en gran parte recuperada grazas a esta mostra, e coa propia cidade de Santiago, que non podía permitirse o luxo de deixar sen positivar para o presente e o futuro unha crónica en imaxes de semellante proporción.

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel Crecer co mar
Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
6 de agosto a 30 de decembro
Museo Massó
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Carlos Maside. [Patrimonio de Galicia]
23 de xaneiro a 31 de decembro
Fundación Eugenio Granell
Do paínzo ao millo: os mil grans
15 de febreiro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo